DESCRIPCION
LOCALIZACION
SERVIZOS
ENTORNO
TARIFAS
RESERVAS
OPINION
GALERIA

CASA DE HOSPEDERÍA
CAMIÑO DE SANTIAGO



Casa Ignacio é unha casa rural alozada na localidade de Nigoi, pertencente ao concello de A Estrada. Dende que en 1993 se abriran as súas portas, pasaron infinidade de persoas con distintos obxetivos: uns na busca da tranquilidade para o descanso; outros co propósito de adentrarse no rural e experimentar a vida na aldea; moitos para practicar deportes de aventura; pero a maioría para coñecer Galicia e disfrutar das riquezas naturaies, culturais...e a súa gastronomía. A Súa ubicación xeográfica é unha ventaxa á hora de querer coñecer Galicia: tomando Nigoi coma o punto de partida, o viaxeiro poderá comprobar que calquera localidade de interés relevante (Santiago de Compostela, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, O Grove, A Toxa,...) está a un paso por estrada, incluso para visitar ao noso país veciño: Portugal.

A casa consta de catro habitacións dobres con baño propio, ademáis dunha amplia cociña-comedor e un salón. A capacidad da casa son oito prazas, puidendo verse aumentada nunha máis se engadimos unha cama supletoria. Na parcela exterior encóntrase o xardín e a horta, onde según a tempada poderanse consumir productos naturais (patacas, verduras, hortalizas,...) e froita recén recollida nos mesmos frutais. Ademáis de todo isto e multitude de servizos que ofrece, dispón dunha gran piscina que resulta ser de gran atractivo para os visitantes que se aloxan na casa.

Dende o primeiro momento en que alguén se aloxa na casa, sentirá que todo o mundo tratará de facerlle a estancia o máis agradable e satisfactoria posible para que nunca olvide o seu paso por Casa Ignacio. Proba diso é que a súa mellor publicidade son os seus clientes.