DESCRIPCION
LOCALIZACION
SERVIZOS
ENTORNO
TARIFAS
RESERVAS
OPINION
GALERIA

CASA DE HOSPEDERÍA
CAMIÑO DE SANTIAGO


- Pazo de Oca: ten a súa orixe na casa de don Suero de Oca. Construída entre os séculos XVII e XVIII está formado polo propio pazo, a capela e as vivendas dos traballadores. A igrexa é do século XVIII e erixouse sobre restos dunha antiga fortaleza.
- Sabucedo : celébrase a inicios do mes de xullo e durante tres días a festa da Rapa das Bestas, consistente en baixar os cabalos do monte e levalos pola aldea ata o curro onde máis tarde serán aloitados (cortaránselle as crinas) polos aloitadores , persoas encargadas de amarrar o cabalo y tumbalo para poder aloitalos e ás veces marcalos.
- Torre de Guimarei: é do século XII, de pranta cuadrada nun estado semirruinoso, de orixe medieval, á que se lle adosou posteriormente o pazo que consta dunha pranta cuadrangular que data do século XVII. Pódese considerar coma o conxunto torre- pazo máis representativo de A Estrada.